Portada ›› Surf ›› 2ª Edición CAMPIONATO GALAICO-LUSO ONDA 2010 - Patos (Nigrán)

2ª Edición CAMPIONATO GALAICO-LUSO ONDA 2010 - Patos (Nigrán)

PRADO SURF CLUB, a fin de semán do 27 e 28 de Marzo terá lugar a segunda edición do campionato Galaico-Luso organizado en colaboración coa FGS.

As inscricións xa están abertas e as prazas son limitadas. Lembra que o xoves 25 ás 16 horas é o último día para facer a inscrición e o pago realizaráse mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer ningún pago. ¡Se queres competir inscríbete xa!

galaicoluso

CONDICIÓNS:

-Lugar Praia de Patos (Nigrán)
-Prazas limitadas a 112 persoas (50 % galegos, 50 % portugueses)
-Prezo da inscrición: 20 ? incluíndo comidas (sábado e domingo) e festa do evento
-Inscrición aberta até o Xoves 25 de marzo ás 16.00 horas
-Confirmación de inscricións sábado 13 de 9 a 9.30 horas na praia
-Licencia federativa obrigatoria (Federación Galega de Surf ou Federación Portuguesa de Surf)
-Cada competidor pode competir nunha soa categoría

Categorías:
-Surf Open Masculino
-Surf Open Feminino
-Longboard Open Masculino
-Bodyboard Open Masculino
-Bodyboard Open Feminino

As inscricións son limitadas e réxense por o seguinte:

Ranking Circuíto Galego Open / Portugués ano 2009 (62,5 %, até un máximo de 70 prazas)
Orde de inscrición (25 %, até un máximo de 28 prazas)

Wildcards (7 para Prado Surf Club e 7 para o Surf Club de Viana)
ORGANIZA: Prado Surf Club, Federación Galega de Surf, Concello de Nigrán.
COLABORA: Onda, WestPeak, Baobad, Coca-cola e Concello de Nigrán.
DATA: 27 e 28 de Marzo.
LUGAR: Praia de Patos (Nigrán)
PREZO: 20 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179 antes do Xoves 25 a as 16:00 horas.

INSCRIPCIÓNES:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax ao número: 986 29 93 78 ou e-mail ( info@fgsurf.com ) á Federación Galega de Surf cos seguintes datos:
1º) Club
2º) nome e apelidos do competidor
3º) DNI
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (si fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRICIÓNS: Xoves 25 de Marzo 16:00 horas.

NOTA IMPORTANTE: É obrigatorio estar federado e non é posible federarse o mesmo día do campionato. Non se admitirán a competidores que non cumpran os horarios de peche e confirmación de inscripcións nin o pago de licenza e inscrición previo ao campionato.