Portada ›› Surf ›› Curso de Adestrador de Nivel I: Bloque Común

Curso de Adestrador de Nivel I: Bloque Común

A Escola Galega do Deporte convoca esta 2ª edición do "Curso de Adestrador de Nivel I: Bloque Común", tralo éxito de participación nos cursos realizados no mes de xuño na Coruña, Pontevedra e Vigo.

O curso desenvolverase os días 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de novembro (os venres pola tarde e os sábado todo o día), en Santiago de Compostela.

O prazo para inscribirse remata o día 10 de novembro ás 14:00 horas. Mais información nos documentos axuntos.

Mais información: Deporte Galego

Documentos:

* Informacion Curso EGD Nov 08 (pdf, 1,04 mb)
* Informacion Basica Formacions Deportivas (pdf, 133,29 kb)
* Ficha Inscrición Curso EGD nov 08 (doc, 644 kb)

Como se indica no REAL DECRETO 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial. («BOE» 268, do 8-11-2007.)

o PDF (2007/19326; 16 págs. - 505 KB.)

Os cursos de técnicos constan de 3 niveis, cada un destes niveis está formado de tres bloques:

1-Bloque común: pódeste informar sobre as convocatorias deste bloque en http://www.deportegalego.es/ ou poñéndote en contacto coa Dirección Xeral para o Deporte.

2-Bloque específico: unha vez aprobado o bloque común poderás realizar o bloque específico, convocado pola Federación Galega de Surf.

3-Prácticas: Ao aprobar o bloque común e o bloque específico establecerase un período de prácticas nunha das escolas homologadas da FGS.