Campionato Galego 2010 de Surf, Bodyboard e Longboard en Soesto (Laxe).
Este fin de semán do 28 e 29 de Agosto terá lugar o Campionato Galego Individual e por Equipos de Surf, Bodyboard e Longboard en Soesto (Laxe).
As inscripcións xa están abertas. Lembra que o xoves 26 as 13 horas é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!
Regras do Campionato Galego Individual e por Equipos
Categorías e modalidades:
Surf (Infantil, Xuvenil e Open, todas elas masculino e feminino)
Bodyboard (Infantil, Xuvenil e Open, todas elas masculino e feminino)
Longboard (Open)
Só poderán participar competidores galegos.
Os surfistas competirán para o Campionato Galego Individual da súa categoría correspondente, e logo os seus puntos serán sumados no club correspondente para confeccionar o ranking por clubs.
Para o Campionato Galego por Clubs, os clubs deben inscribir no arquivo adxunto que recibirán por correo electrónico só a un máximo de dous competidores de cada categoría para que os seus puntos computen para o Campionato Galego por Clubs. Cada competidor só pode estar inscrito nunha categoría (A QUE POR IDADE LLE CORRESPONDA) para o campionato por clubs.
No Campionato Galego Individual cada competidor pode estar inscrito nun máximo de dúas categorías competindo na categoría superior á que lle corresponde se en devandita categoría está entre os 8 primeiros do ranking do Circuíto Galego 2009.
Circuito Galego 2010 >>>
CAMPIONATO: Campionato Galego Individual e por Equipos de Surf, Bodyboard e Longboard.
ORGANIZA: Federación Galega de Surf e Concello de Laxe.
COLABORA: Coca-cola, Concello de Laxe.
DATA: 28 e 29 de Agosto.
LUGAR: Praia de Soesto (Laxe).
CATEGORÍAS: Infantil, Xuvenil e Open.
HORA: Confirmación de inscricións o sábado de 08:00 a 08:30 horas na praia. E ás 9:00 horas aproximadamente comezo da competición.
MODALIDADES: Surf, Bodyboard e Longboard.
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros clasificados de cada categoría.
PREZO: 20 € categorías Open. 12 € categorías Xuvenil e Infantil. 8 € para Xuvenís e Infantís inscritos por un club ou técnico.
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179 antes do Xoves 26 ás 13:00 horas.
INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail ( info@fgsurf.com ) ou un fax ( 986 29 93 78 ) á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:
1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.
PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 26 de Outubro as 13:00 horas.
NOTA IMPORTANTE: É obrigatorio estar federado e non é posible federarse o mesmo día do campionato. Non se admitirán a competidores que non cumpran os horarios de peche e confirmación de inscripcións nin o pago de licenza e inscripción previo ó campionato.
Circuito Galego 2010
| ||
Surf e body infantil e xuvenil
|
Surf e longboard open
|
Body open
|
21-22 Agosto. Sabón (Arteixo)
|
6-7 Novembro. Patos (Nigrán).
|
?
|
2-3 Outubro. Patos (Nigrán)
|
13-14 Novembro. Malpica. Silfo Surf Club.
|
?
|
16-17 Outubro. A Lanzada (O Grove)
|
??-?? Novembro. Ribadeo. Hola Ola!
|
?
|
Campeonato Galego de surf, bodyboard e longboard
| ||
28-29 Agosto. Praia de Soesto (Laxe-A Coruña)
| ||
OUTROS CAMPIONATOS
| ||
27-28 Marzo: Patos (Nigrán). Galaico-Luso (Prado Surf Club)
10-11 Xullo: Razo (Carballo). King Of The Groms (Quicksilver)
7-8 Agosto: Razo (Carballo). CAV Sufing Proyect (Cabreiroa - Vazva) |