Portada ›› Surf ›› 3ª Proba do Circuito Galego Caixa Galicia Xuvenil-A Lanzada (O Grove).

3ª Proba do Circuito Galego Caixa Galicia Xuvenil-A Lanzada (O Grove).

O fin de semán do 8 e 9 de Novembro terá lugar a terceira proba do Circuito Galego Caixa Galicia de categoría Xuvenil.

As inscripcións xa están abertas. Lembra que o xoves 6 as 13 horas é o último día para facela inscripción e o pago mediante ingreso ou transferencia bancaria. O día do campionato non se poderá federar, nin inscribir, nin facer o pago do mesmo. ¡Se queres competir inscríbete xa!

As personas que xa fixeran o ingreso e enviaran a súa inscripción na anterior data, xa estáninscritas automáticamente. No caso de que non puideran participar deberán comunicarllo a FGS.

Circuito Galego Caixa Galicia 2008 >>>

CAMPIONATO: 3ª Proba Circuito Galego Caixa Galicia Xuvenil.
ORGANIZA: Federación Galega de Surf e Concello de Sanxenxo.
COLABORA: Caixa Galicia, Coca-cola e Concello de Sanxenxo.
DATA: 8 e 9 de Outubro.
LUGAR: Praia de A Lanzada (Sanxenxo-O Grove).
CATEGORÍAS: Infantil e Xuvenil.
HORA: Confirmación de inscricións polo técnico do clube o sábado de 9:00 a 9:30 horas na praia. E ás 10:00 horas aproximadamente comezo da competición.
MODALIDADES: Infantil (nados do 1994 en adiante) e Xuvenil (nados do 1991 ao 1993). Só se poderá competir nunha categoría; permitindo, excepcionalmente, aos 8 primeiros clasificados en infantil, competir en xuvenil. MODALIDADES: Surf e Bodyboard (só se pode competir nunha modalidade).
PREMIOS: Trofeos para os 4 primeiros e material.
PREZO: 10 €
PAGO DAS INSCRIPCIÓNS: Ingreso na conta de Caixa Galicia: 2091-0567-74-3040003179 antes do Xoves 6 ás 13:00 horas.

INSCRIPCIÓNS:
Debedes enviar o xustificante de pago por fax o número: 986 29 93 78 e un e-mail ( info@fgsurf.com ) ou un fax ( 986 29 93 78 ) á Federación Galega de Surf cós seguintes datos:
1º) Clube
2º) nome competidor
3º) dni
4º) modalidade
5º) categoría
6º) nº de licenza
7º) nome do técnico (se fose o caso).
8º) teléfono de contacto.

PECHE DAS INSCRIPCIÓNS: Xoves 6 de Outubro 13:00 horas.
Caixagalicia

NOTA IMPORTANTE: É obrigatorio estar federado e non é posible federarse o mesmo día do campionato. Non se admitirán a competidores que non cumpran os horarios de peche e confirmación de inscripcións nin o pago de licenza e inscripción previo ó campionato.